Data de inicio: 23-03-2020 . Data de fin: 27-03-2020
O xoves 26 de marzo, de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas, e o venres 27 de marzo, de 15.30 a 21.00 horas diante do Centro de Saúde.
Todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828. O sistema de CITA PREVIA reforza os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e locais de doazón e tentar garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.