Proba rápida a persoas con prácticas de risco

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade e a asociación Aseduc organizan unha nova actividade sobre o VIH Sida.

  • Lugar: No Centro Municipal de Servizos Sociais do Concello (Avda do Mar, Bloque 1, Baixo, San Valentín)
  • Horario: de 11:00 a 13:00 h.

Realizarase a proba rápida a persoas con prácticas de risco.

Esta actividade está incluida no programa INFÓRMATE…PERDE O MEDO, un proxecto de loita, acompañamento, prevención, información… do VIH, Sida naqueles lugares máis rurais e que menos capacidade teñen para ser beneficiarios deste tipo de actuacións.

Os obxectivos do programa son mellorar a información, formación e prevención do VIH, concienciar das vantaxes do uso do preservativo, formar a pares e voluntarios mantendo a perspectiva de xénero, ter o impacto necesario nos medios de comunicación…

Descargas