Data de inicio: 07-04-2020 . Data de fin: 07-06-2020
Para ser un/ha “Peque-humorista en acción”, cómpre enviar un debuxo, fotografía audio ou vídeo humorístico realizado ou protagonizado polo/a neno/a por Whatsapp (607 625 357) ou por correo electrónico (fenequedanacasa@fene.gal), indicando o nome do autor/a, idade e localidade de procedencia. O material recibido publicarase na páxina de Facebook de Fenequedanacasa e compartirase nas distintas redes sociais do Museo do Humor (Youtube, Facebook, Instagram e Twitter).
Condicións:
- Para participar nesta actividade, é imprescindible que os/as menores que conten co consentimento dos pais, nais ou titores/as legais. No momento que se envía o debuxo, audio, fotografía ou vídeo, mesmo coa voz/imaxe do menor, autorízase a súa difusión en webs, publicacións e redes sociais municipais.
- Acompañando cada debuxo, fotografía audio ou vídeo (que non poderá superar os 30 segundos de duración) figurará o nome do autor/a ou protagonista, idade e localidade de procedencia.
- Os textos que aparezan nos debuxos e os diálogos dos vídeos e audios enviaranse preferentemente en lingua galega.
- Non se publicarán imaxes sexistas ou que poidan danar a sensibilidade das persoas.