Voluntaria IVTM e Taxas diversas

O cobro do Imposto sobre Vehículos (IVTM) e doutras Taxas, na primeira voluntaria do 2020, comezará o 4 de maio e rematará o 1 de setembro. Os recibos domiciliados cargaranse en conta o 31 de xullo.

Poderá poñerse en contacto cos Servizos Tributarios da Deputación a través de correo electrónico, na dirección atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204.

Tamén poderá facer xestión e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria ou na Sede electrónica da Deputación. Cando remate o confinamento, a atención presencial farase unicamente con cita previa.

 Poden consultar as normas de cobranza no enlace achegado

Ligazóns