Sesión telemática do Pleno Municipal

Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará de forma telemática o 07.05.2020 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:


1. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 195/2020 á 363/2020 e das Instrucións da alcaldía do 15.03.2020
2. Dación de conta da liquidación do exercicio 2019
3. Dación de conta do informe de control interno do exercicio 2019
4. Dación de conta do informe de tesourería sobre as obrigas de subministro de información previstas no artigo 16 da Orde HAP/2015/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, correspondente ao 1º trimestre do 2020 e dación de conta do informe de tesourería regulado no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais relativo ao 1º trimestre do 2020
5. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta de creación da Comisión Infomativa dos Asuntos do Pleno.
6. Aprobación, se procede, da modificación de crédito 4/2020, subexpediente 1/2020 de suplemento de crédito e crédito extraordinario
7. Aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2020 de Pleno
8. Mocións urxentes
9. Rogos e preguntas