Día: 25/05/2020

Horario: 15.30 h a 21.00 h

Lugar: Diante da Casa do Concello

 

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

O noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias.

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.


Agradecemos a súa constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que precisamos cada día para axudar a milleiros de doentes.