Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará de forma telemática o 04.06.2020 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do 05.03.2020 e da sesión extraordinaria do 09.03.2020
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía núm. 427 e 428 do ano 2020
3. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 364/2020 á 435/2020
4. Aprobación, se procede, da Proposta de modificación da Ordenanza fiscal núm. 22, reguladora da taxa por ocupación de terrazas de uso público por mesas e cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa
5. Aprobación, se procede, da Proposta de ratificación, se procede, do acordo adoptado mediante Resolución da alcaldía núm. 414/2020, do 21.05.2020, de solicitude de participación no POS + Adicional 2/2020
6. Aprobación, se procede, da Proposta de ratificación, se procede, do acordo adoptado mediante Resolución da alcaldía núm. 431/2020, do 28.05.2020, de solicitude de participación no POS + Adicional 1/2020 para gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19
7. Aprobación, se procede, da Proposta de modificación do réxime de sesións das comisións informativas permanentes: Comisión Informativa de Desenvolvemento Territorial e do Medio e Comisión Informativa de Dinamización Social e Transparencia
8. Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do PP en relación ás terrazas dos establecementos de hostalería
9. Mocións urxentes
10. Rogos e preguntas