Preinscricións no Campamento Un Verán diferente

As familias interesadas en apuntar aos nenos/as en “Un verán diferente” deberán realizar a preinscrición desde as 9.00 horas do 10 de xuño até as 14.00 horas do 16 de xuño, preferentemente por vía telemática, a través da sede electrónica, https://sede.fene.gal/, ou do Rexistro Electrónico Común, https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do. 

Excepcionalmente, tamén poderán facer a preinscrición presencial aínda que, para acollerse a esta modalidade, haberá que solicitar cita previa a partir do luns 8 de xuño no teléfono 981 340 366 e acudir o día e a hora que se asigne provisto de máscara de protección facial.

Información aquí