Data 18-11-2016
Ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20/22).
Recollida de invitacións (dúas por persoa) o mesmo día do espectáculo a partir das 16 horas na conserxería da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.
Galego de nacemento, os que o coñecen non se extranan de que acabara facendo rir á xente. Pŕactica non lle faltou. Dende moi novo era o típico “gracioso” o que o animou a presentarse a algúns concursos tanto a nivel autonómico como nacional, onde descubriu que o humor era algo máis que o que empregaban os indios para facer sinais nas películas de Chiquito.
A súa elección, canda outros compañeiros/as, para participar nun programa de máxima audiencia da TVG (Luar) fixo que recuperara o gosto polos escenarios, dos que non baixou dende entón, realizando todo tipo de traballos tanto en televisión como en radio, teatros, festas, pubs, etc.
A súa característica principal é a variedade de rexistros que emprega para imitar voces de nenos, acentos extranxeiros, sons de animais, etc.
Nos últimos anos ten compartido escenario con artistas da talla de David Bisbal ou Miguel Bosé e con humoristas como Robert Bodegas, Carlos Blanco, Félix el Gato, Pepo Suevos, Pedro Reyes, David Amor, etc.
Gañador de concursos de televisión como “Supermartes” (TVG) ou “No te rías que es peor” (TVE1), colabora de xeito regular dende hai varios anos no programa “Luar” da TVG. Ademais, gañou o premio ao mellor traballo orixinal na edición 2011 de “nosolomonólogos” no que participaron máis de 80 humoristas.
