Exposición do XVI Certame Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas

A mostra inclúe as pezas do artista gañador do certamen nesta edición, Mauro Trastoy, e doutros once creadores seleccionados polo xurado. Pódese visitar na Casa da Cultura de Fene, de luns a venres, de 10.30 a 13.30 horas.