Data de inicio: 16-09-2020 . Data de fin: 10-10-2020
A sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle desde esta mesma semana o proxecto pictórico "Queridas Donas", da artista local Isabel Seco Espada. A colección, composta por pezas realistas e abstractas, reivindica a muller a través da figuración do sentimento e das situacións. Afouteza, valentía, resiliencia, paixón, ilusión, namoramento e liberdade, entre outras facetas, que se xuntan compoñendo unha mensaxe de plenitude feminina e feminista. Até o 10 de outubro os horarios serán de luns a sábado das 10 ás 13.00h. e de 16 a 21.00h. de luns a venres.