Día das Escritoras

Até o vindeiro 19 de outubro, a biblioteca Xosemaría Pérez Parallé de Fene acolle unha pequena mostra bibliográfica adicada ás escritoras. A iniciativa encádrase na conmemoración do Día das Escritoras que promove a Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas. A exposición amósase nesta instalación municipal de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas, e o sábado, de 10.00 a 13.00 horas.


Dende o ano 2016, o Día das Escritoras “busca reivindicar a labor e o legado das mulleres escritoras ao longo da historia, a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras”.