Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará de forma telemática o 05.11.2020 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, das actas da sesión extraordinaria urxente do 19.12.2019, da sesión ordinaria do 01.10.2020 e da sesión extraordinaria urxente do 23.10.2020
2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 890/2020 á 1037/2020
3. Dación de conta do período medio de pago relativo ao 3º trimestre do 2020 e do informe de tesourería regulado no artigo 4 da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais relativo ao 3º trimestre do 2020
4. Aprobación, se procede, do expediente de modificación créditos 22/2020, subexpediente 2/2020 de suplemento de créditos
5. Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos núm. 5/2020
6. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Ferrol a partir do ano 2020
7. Aprobación, se procede, do Plan de acción polo clima e a enerxía sostible do Concello de Fene
8. Mocións urxentes
9. Rogos e preguntas