Recepció das SSMM Os Reis Magos de Oriente

Para pechar o “Nadal diferente” do Concello de Fene, as SSMM Os Reis Magos de Oriente acompañarán aos nenos e nenas feneses o martes 5 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, na Praza do alcalde Ramón José Souto González (baixo carpa) onde se desenvolverá a tradicional recepción real coidando especialmente as medidas de seguridade e hixiene para facer fronte á Covid 19. Ademais, os pequenos e pequenas que aínda non o fixeran, poderán depositar ese día as súas cartas no buzón real (dispoñible xa na Casa do Concello a partir do luns 28 de decembro).

Para a Recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar, haberá aforo limitado.

As persoas que desexen participar na Recepción Real deberán solicitalo por teléfono (981 340 366), whatsapp (607 625 357) ou correo electrónico (cultura.deportes@fene.gal) os días 28, 29 e 30 de decembro e 4 de xaneiro en horario 9:00 a 13:30 horas. No momento de efectuar a solicitude farán constar o nome e apelidos de todas as persoas que van participar, teléfono de contacto e quenda de preferencia. Non se admitirán solicitudes por outros medios ou fóra dos horarios.

Ligazóns