Data de inicio: 02-03-2021 . Data de fin: 30-03-2021
A pintora ferrolá amosará durante o mes marzo unha trintena de óleos de temática variada
Tras meses de parálise por mor das medidas restritivas impulsadas polas autoridades sanitarias para facer fonte á pandemia, este martes 2 de marzo reanúdase a actividade na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene cunha mostra da artista ferrolá Julia Pita. A exposición, que inaugura o calendario da sala en 2021, consta dunha trintena de óleos de temática variada, aínda que salientan as paisaxes e unha serie sobre geishas.
Artista ferrolá con máis de quince anos de traxectoria, Julia Pita mantivo os seus primeiros contactos co mundo da pintura nas clases de pintura do mestre José Montero. Ata a actualidade, ten realizado exposicións no Club de Tenis de Redes, no Casino de Ares, en Mugardos, no Froiz de Narón e no Club de Campo de Ferrol. Entre as súas obras, salienta paisaxes, bodegóns, pousados e mariñas, entroutras.
A exposición de pintura de Julia Pita amosarase do 2 ao 30 de marzo na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene, A Coruña). Horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Durante a Semana Santa -dias 28, 29 e 30 de marzo- o horario da sala de exposicións será, unicamente, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.