Pleno Municipal extraordinario

Pleno Municipal extraordinario

Convocatoria extraordinaria do Pleno Municipal de Fene para o 22.07.21. Primeira convocatoria ás 8.30 horas.

ORDE DO DÍA 

1. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da declaración institucional do Pleno en contra do proxecto do parque eólico Caaveiro.

2. Aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de contratación do contrato de servizos "Axuda no fogar" no ano 2021, expediente 2021/C004/000004.

3. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito núm. 8/2021, subexpediente núm. 3/2021 de suplemento de crédito. 

Descargas