Data 02-10-2021
![](../../../media/../media/img/rilo.jpg)
Espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos de 0 a 4 anos.
En “Derriba da lúa”, as protagonistas convidarán aos asistentes a arrolar, contar, cantar e xogar xuntos para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.
Dúas función na biblioteca municipal, a primeira de 11.30 a 12.00 e a segunda de 12.30 a 13.00 horas. Reserva de prazas no teléfono 981 34 23 02. Aforo limitado a 10 nenos/as máis acompañante, en cada quenda.