Data de inicio: 08-10-2021 . Data de fin: 30-10-2021
A Casa da Cultura de Fene acollerá durante o mes de outubro unha exposición de óleos do pintor fenés J.M. Pereiro. A mostra inaugúrase este venres, 8 de outubro, ás 19.30 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22) e poderá visitarse ata o vindeiro día 30. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.
"Auga e lume” é o título desta exposición na que J.M. Pereiro compila unha serie de obras, ao redor de corenta, nas que se reflicten paisaxes da terra “con especial predominancia da auga (ríos, martes, etc) e do lume (incendios forestais)”.