Orde do día

Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 07.10.2021 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta do pleno ordinario do 02.09.2021

2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1011/2021 á 1134/2021

3. Aprobación, se procede, da Proposta de modificación do anexo de subvencións nominativas do orzamento 2021

4. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos 12/2021, subexpediente 4/2021 de suplemento de crédito.

5. Aprobación, se procede, da Proposta da aprobación definitiva do estudo de detalle do Camiño do Regueiro.

6. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Popular para instar ao goberno a facilitar a cobertura de persoal médico na atención primaria.

7. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Socialista de Fene sobre a reformulación da atención primaria do sistema sanitario público galego.

8. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Socialista de Fene sobre o aumento das agresións LGTBIfóbicas ligadas a discursos de odio.

9. Aprobación, se procede, da Moción do PSdG-PSOE, BNG e IU de Fene, en relación co funcionamento do servizo de transporte metropolitano en Fene.

10. Mocións urxentes

11. Rogos e preguntas