A lúa vai encuberta

O local da SCRD Agarimo de Sillobre acollerá o domingo 14 de novembro ás 19 horas a representación de “A lúa vai encuberta”, montaxe gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A peza está protagonizada polos actores Melania Cruz e Tito Asorey (director da obra), da compañía A Quinta do Cuadrante, e Vanesa Sotelo e Davide González, da plataforma artística Incendiaria. O prazo de reserva de entradas para asistir á función abrirá o martes 2 de novembro ás 9.00 horas e prolongarase até as 12.00 horas do venres día 12, por correo-e (cultura.deportes@fene.gal), whatsapp 607 625 357 ou teléfono 981 34 03 66. Función organizada pola Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración de Agarimo de Sillobre, e subvencionada pola Deputación da Coruña.