Entrega dos Premios Curuxa 2021 e inauguración da exposición

A exposición dos Premios Curuxa 2021 amosa unha selección dos traballos presentados ao XXV concurso de humor gráfico "Curuxa do humor". Salientan as obras dos artistas galardoados este ano: “Cegueira”, de Alexandre Sequeiros Camiña (1º premio na categoría Curuxa), "Éxodo”, de Fernando Iglesias Mouta, "Kohell" (2º premio na categoría Curuxa),  “Un cadáver con sorte”, de Nuria Martínez Carbó (1º premio na categoría Curuxa Nova) e “Emancipación”, de Sarai Outeiral Ces (2º premio na categoría Curuxa Nova). Tamén se amosan os debuxos finalistas do certame, "Negacionismo" (Curuxa), de Borja Ramón López Cotelo, "El primo Ramón", e “Vacinados” (Curuxa Nova),  asinado por Lucas Sixto Carballeira.