Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 04.11.2021 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta do pleno ordinario do 07.10.2021

2. Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende o núm. 1135/2021 á 1274/2021

3. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos 15/2021, subexpediente 5/2021 de suplemento de créditos.

4. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de créditos 16/2021, subexpediente 5/2021 de transferencia de créditos.

5. Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal Popular contra a orde ministerial de inclusión do lobo no listado de especias en réxime de protección especial.

6. Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da Proposta da alcaldía de adxudicación do contrato de Servizos de Axuda no Fogar do Concello de Fene.

7. Mocións urxentes 8. Rogos e preguntas