Data de inicio: 10-12-2021 . Data de fin: 30-12-2021
GALIZA, UN POBO UNHA SELECCIÓN
Exposición impulsada por Vía Galega coa colaboración do Concello de Fene, que se poderá visitar no pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín) do 10 ao 30 de decembro de 2021.
O horario de visita será de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas e os fins de semana nos horarios das competicións.
A iniciativa “Galiza, un Pobo, unha selección” é unha mostra de 20 paneis explicativos dividos en 17 bloques temáticos a favor das seleccións nacionais galegas que tratan a traxectoria do deporte galego. A mostra pertence a unha campaña organizada por Vía Galega que ten como obxetivo reivindicar as seleccións deportivas galegas, tanto masculinas como femininas, en todos os deportes colectivos como un dereito do Pobo galego. Ademáis, tamén pretenden pór en valor e potenciar os deportes autóctonos, amosar a potencialidade no ámbito deportivo de Galicia, coñecer a historia deportiva, a importancia para a cultura, galeguizar o deporte galego e impulsar a igualdade de xénero. Actividade de balde, sen reserva previa.