O primeiro evento cultural do nadal é o concerto de Nadal que terá lugar na igrexa de Limodre venres 17 de decembro ás 20:00h, co recital "Bo lyric Nadal" da agrupación Vento Dolce. Gemma Román -voz- e Andreina Muñoz -piano- repasarán un repertorio repleto de clásicos desde o Barroco até a actualidade que nos brindará un percorrido polos sons máis recoñecibles do Nadal de dentro e fóra de Galicia. Para asistir ao recital de Vento Dolce non fai falla reserva previa, pero cómpre ter en conta que o aforo na igrexa é limitado.