Martes 21 de decembro ás 18:00h na Biblioteca Municipal "Xosemaría Pérez Parallé".

O grupo de música infantil Mamá Cabra traeranos o seu espectáculo "Arrolos", dirixido a familias con nenas e nenos de entre 0 e 3 anos. A proposta -na que participan os feneses Gloria Mosquera e Diego Maceiras- concíbese como un encontro participativo para gozar das melodías e aprender algúns arrolos cos que adormecer ou aleitar as meniñas e meniños, fomentando ao mesmo tempo o seu descubrimento da música.

As reservas poden facerse presencialmente ou por teléfono -981 342 302- desde o luns 13 ata o luns 20 de decembro.