A actividade na biblioteca pública, o mércores 22 de decembro ás 12:00h., coa narración oral "Orella Pendella" da compañía Migallas Teatro. O espectáculo para a rapazada abrangue idades desde os poucos meses até os 6 anos, aínda que tamén lles arriquecerá ás mamás e papás. Nel xúntanse os ditos de sempre -recollidos neste interesante proxecto colaborativo- con cancións tradicionais acompañadas de música ao vivo, enfiados en todo caso pola promoción da lingua e da cultura galegas. Fará falla reservar desde o 13 até o 21 de decembro.