A pelexa da ciencia contra o cambio climático

Sobre “A pelexa da ciencia contra o cambio climático” xirará este mércores, 12 de xaneiro, a primeira charla do ciclo de divulgación científica ContandoCiencia. A actividade, organizada pola Biblioteca do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene, contará nesta conferencia inaugural coa física especializada en atmosfera e medio ambiente Susana Bayo. A cita será o mércores a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura de Fene, con entrada libre e de balde até completar o aforo