Plan Municipal para a implementación dos ODS

Encontro con representación do tecido social, educativo, cultural e veciñal; persoal técnico e persoal político.
 
O programa ten como obxectivo coñecer a situación do Concello respecto á súa contribución cos ODS e coa Axenda 2030, así como tamén artellar unha folla de ruta para mellorar o seu aliñamento con esta planificación a nivel global.
 
Estes espazos terán como finalidade recoller propostas e medidas que sumen ao Plan Municipal para a implementación dos ODS. O obxectivo último é construír este documento dende unha perspectiva aberta, transparente e que teña en conta todas as necesidades, propostas e ideas da veciñanza.
Descargas