Sesión Ordinaria Pleno Municipal

Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 03.03.2022 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, das actas das sesións ordinarias do 05.01.2022, 03.02.2022 e extraordinaria urxente do 10.02.2022

Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 119/2022 á 260/2022

Dación de conta do período medio de pago e morosidade correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2021

Dación de conta da execución orzamentaria trimestral correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2021

Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito 02-2022, subexpediente 1/2022 de suplemento de crédito.

Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 01-2022

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal do Partido Popular sobre a exclusión financeira

Aprobación inicial, se procede, do Regulamento municipal polo que se regula a modalidade de prestación de servizos en réxime de teletraballo do Concello de Fene.

Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Popular para instar ao goberno de España, á Deputación da Coruña e al Concello de Fene, a que se adhiran ao pacto do estado por Ferrol.

Aprobación, se procede, do manifesto institucional 8 de marzo 2022

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal do Partido Popular con motivo do 8 de marzo, día internacional da muller

Mocións urxentes

Rogos e preguntas