Exposición de Sofía Piñeiro na Casa da Cultura de Fene

A pintora ferrolá Sofía Piñeiro expón “Un cordero bala entre dos montañas” no mes de marzo, na Casa da Cultura.  A mostra recolle unha serie de traballos -inspirados en ovellas, años e carneiros- e realizados durante o confinamento do 2020.

A exposición poderá visitarse en Fene até o vindeiro 28 de marzo, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Os domingos e festivos a sala de exposicións permanecerá pechada.