Que se convoque ao Concello Pleno á sesión ordinaria que se realizará nesta Casa Consistorial o 07.04.2022 ás 18.00 h en primeira convocatoria, coa seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, das actas das sesións extraordinaria do 25.02.2022 e ordinaria do 03.03.2022

Dación de conta das Resolucións da alcaldía dende a núm. 261/2022 á 468/2022

Dación de conta da aprobación da liquidación do exercicio 2021

Aprobación, se procede, do expediente de modificación de crédito 03-2022, subexpediente 1/2022 de crédito extraordinario.

Aprobación, se procede, do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 02-2022 de Pleno.

Aprobación inicial, se procede, do Regulamento municipal polo que se regula a modalidade de prestación de servizos en réxime de teletraballo do Concello de Fene.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economías galegas.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal do Partido Popular para paliar o impacto económico da invasión de Ucrania.

Aprobación, se procede, da Moción do grupo municipal do Partido Popular para a cobertura de prazas de atención primaria.

Aprobación, se procede, da Moción do Grupo Municipal do Partido Popular sobre a mellora do ferrocarril Ferrol-A Coruña

Mocións urxentes

Rogos e preguntas