A actriz e contadora de historias Raquel Queizás leva “A maleta da avoa” este xoves, 21 de abril, á Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé. Trátase dun espectáculo de contos e lendas tradicionais galegas no que se empregan obxectos e monicreques. A función, dirixida a nenas e nenos de tres anos en diante e as súas familias, comezará ás 18 horas. Para asistir, cómpre reservar praza na biblioteca de Fene ou por teléfono (981 34 23 02 ou 607 62 53 46), en horario de apertura da mesma: de 16.00 a 21.00 horas.