Data 21-05-2022
O sábado 21, de 11.00 a 13.00 horas desenvolverase no museo un novo obradoiro, “Parafraseando a Xaquín coa porexgrafía”, dirixido pola artista Laura Bouza, do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity de Fene. Consistirá na elaboración, por parte dos participantes, dun boceto que, logo de ser transferido a un disco de poliestileno e traballado para crear distintos planos e profundidade de campo, permitirá facer reproduccións sobre papel.
A actividade vai dirixida a persoas de 8 anos en diante (nenos/as ou adultos/as) que, para participar, deberán enviar un correo antes do sábado 21 de maio a cultura.deportes@fene.gal. No asunto especificarán o seguinte: “Inscrición no obradoiro de porexgrafía”. E, no contido, deberán aportar os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.