Inscricións obradoiro de debuxo urbano

OBRADOIRO DE DEBUXO URBANO

O venres 20 de maio, de 16.30 a 20.30 horas nunha zona próxima á exposición dos cubos de Isolino e ao pavillón da Xunqueira, taller de debuxo urbano que impartirá un mestre da escola O Garaxe Hermético (Escola Profesional de BD e Ilustración).

Este obradoiro, dirixido a mozos/as de 14 a 20 anos, forma parte dunha campaña de concienciación que promove a práctica do debuxo namentres se coida o medio ambiente. A actividade está organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais de Fene.

As persoas que desexen anotarse deberán enviar por correo a servizos.sociais@fene.gal a ficha de inscrición cuberta (dispoñible en www.fene.gal) antes do venres 20 de maio. As prazas son limitadas (15) e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.