Visita guiada á exposición Volta á orixe, de Xaquín Marín

O Museo do Humor de Fene convida á veciñanza a participar na segunda visita guiada á exposición "Volta á orixe", de Xaquín Marín. A actividade terá lugar este sábado, 28 de maio, ás 12.00 horas. Para asistir, únicamente haberá que presentarse na entrada do Museo do Humor con quince minutos de antelación ao comezo da mesma (11.45 horas). Durante a visita será o comisario da mostra e fillo do artista, Alexandre Marín Oliva, quen acompañe aos/ás participantes e fale das obras que se amosan até o vindeiro 27 de xuño nesta instalación.