A poeta analfabeta

A POETA ANALFABETA EN FENE

O mércores 14 de setembro 19:00 horas a Casa da Cultura de Fene acollerá a proxección do ocumental que xira en torno ao retrato de Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria convertida en icona punk.

Desobediente "por xenética", as súas conviccións e a coraxe para defendelas prenderon en Fandiño como unha semente.

Nada no seo dun matriarcado, a súa avoa e a súa nai transmitíronlle o amor pola liberdade e a resistencia ante unha ditadura cruel, da que tivo que fuxir. A poeta refuxiouse na lingua e nos libros para soportar as penurias e inxustizas que viviu no exilio.

Entrada de balde até completar aforo.
Actividade programada pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene.