C.C.R.D. Perlío. Historial do C.C.R.D.Perlío

APUNTES ANTOLÓXICOS DO CIRCULO CULTURAL RECREATIVO E DEPORTIVO DA VILA DE PERLIO

A remates do ano 1959 formase a 1ª XUNTA-XESTORA da SOCIEDADE presidida por D.Antonio Rivera Seco.

En Febreiro do 1.961, foi legalizado o Circulo de Perlio co nome de Circulo Cultural e Parque Recreativo de Perlio.

No 1.962.- Celebranse as primeiras Festas no Parque-Recreativo, o dia 10 de Maio (Os Santos), e 11 e 12 de Agosto as patronais de San Estevo.

En Abril celebrase o primeiro Baile da Raiña do Circulo de Perlio (na Sala-Perla).

Os dias 3 e 6 de Marzo, na mesma sala, fanse os primeiros Bailes do Antroido; e o 19 de Maio celebrouse tamén o Baile das Frores.

A Festa da Comarca celébrase no Ferrol o 2 de Septembro do 1962, a sociedade do Circulo de Perlio participa cunha carroza alegórica a "Ponte das Pias".

No 1.963.- SFaise a pista de cemento no parque-recreativo. Adicarase  a practicar o Deporte e tamén para celebrar as Festas.

No 1.966.- Ponse a primeira pedra da construcción do edificio do local-social, as obras corren a cargo de D. Eduardo Aneiros (1ª Fase).

En 1.967.- Crease a Sección Deportiva do Circulo de Perlio, o seu 1º presidente foi D. Ramón Paz Labajo.

O 14 de Xaneiro do 1.968, son aprobados os novos estatutos (reforma) pola inclusión da Sección Deportiva.

Esta sociedade pasa a chamarse: Circulo Cultural, Recreativo e Deportivo da vila de Perlio.

Neste mesmo ano inaugurase a "Ponte das Pias".

Na tempada 1968/1969, federase o Equipo de fútbol do Circulo de Perlio. O campo da Ribeira do Ramo (Barallobre), sirvelle ao equipo para competir na liga de xuvenis da Ria de Ferrol. Facendose cargo da Presidencia da Sección Deportiva D. Juan Seco Arnoso.

O 21 de Decembro do 1.969, inaugurase o Local-Social do Circulo de Perlio.

No 1.970- Inaugurase  o Campo de Futbol dos Pinares. Tamén neste mesmo ano, integrase no Circulo , a rondalla da localidade "ARPEGIOS".

No ano 1.972.- Incorporase na sociedad o grupo musical "OS AMIGOS". Do 17 o 23 do Nadal, celebrase a 1ª Semán Cultural Recreativa e Deportiva do Circulo de Perlio.

Do 15 0 22 de Abril do 1.973.- Celebrase a "Primeira Mostra da Cultura Galega". Neste mismo ano o equipo de Futbol, queda Campeón do Campeonato de Aficionados de Galicia.

No 1.975.- Integrase no Circulo de Perlio, o Grupo de Teatro "TAGALLO". O 16 de Abril do mismo ano, inaugurase o "Parque-Infantil" .

Do 20 o 27 de Febreiro do 1.977, celebrase a "Primeira Semana Infantil do Círculo de Perlio".

No 1.978.- Crease o grupo infantil de Teatro do Circulo de Perlio "SEMENTE".

Do 2 o 7 de Maio do 1.983.- Celébrase a "1ª Semana das Letras Galegas". En este ano integrase no Circulo de Perlio, o grupo de Atletismo "PUXANZA".

O 16 de Marzo do 1985, fai a sua presentación como grupo de Gaita e Danza galega do Circulo de Perlio, as "Froles do Ameneiral". Como honra deste ledicioso evento, comenzanse a facer todo-los anos as Sardiñada de San Xoán.

No ano 1.996.- Comenzanse a facer as Festas Gastronomicas no Círculo de Perlio.

En 1.999.- Despois da reparación e o asfaltado da Pista Ameneiral, inauguranse duas Pistas de Tenis.

ESTAMOS RECOPILANDO DATOS PARA PODER METER MAIS INFORMACIÓN.  

COMENTARIO AS CONFERENCIAS:

A nosa sociedade tuvo moito que ver durante a decada dos anos 70 co cambio democrático que tivo o noso pais. A nosa sociedade foi pioneira e referencia en toda a nosa comarca polo gran número de conferencias de todo tipo ideolóxico, tanto de cultura, como de pólitica, poesia, economia, ou humor, que se diron durante os ultimos tempos da Dictadura, pois estiveron homes muy importantes, que tiveron moito que ver, coa nosa actual democracia, pois entre outros moitos estiveron; Adolfo Suarez, Beiras, Montero, Santiago Alvarez, Marcelino Camacho, Guerreiro, Rodriguez Sagún, Romai Becaria, Joaquin Ruiz Jimenez(1º.defensor do Pobo), Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Carlos Casares, Mújica, Uxio Novo Neira, Adelino Pousa, Castro Viejo, Fraga Vazquez, Xavier Mos, Valentin Arias, Xavier Yuste, Siro, Xoaquin Marin, Balado, ect...ect.

Foron anos en que o Local Social se nos facia pequeno debido a gran cantidad de xente que viña de todo o Ferrol e comarca, anos moi dificiles e de moita tensión; para poder facer calquer actividade, ou dar conferencias, solicitábase permiso a o Gobernador Civil da Provincia, que non sempre o daban, asi que a veces a xente, que era moita, andaba dando voltas para poder entrar no local, pois ata que chegara o permiso (a veces minutos antes) non se podia entrar. En todas estos actos que se facían sempre habia algüén de Investigación, e nas portas estaban as Forzas do Orden Publico, mirábase todo con lupa, e tomábase boa nota de todo o que alí se falaba.