A tradición do teatro en Limodre remóntase dende o ano 1948, pasando varias etapas ata a actualidade. No ano 1948, de moi neno, xa participou Jesús Bello Rey nunha obra que dirixía un home de Redes que era cego. Despois, nos anos 50, dirixiu o grupo de teatro Agustín Iserne ata os anos 60 que se retirou, e dirixiu o grupo Jesús Bello Rei, ata os anos 70. Entón o grupo de teatro quedou paralizado por circunstancias de traballo.
En setembro do ano 1978, a Agrupación Cultural “Azougue”, composta por xóvenes da parroquia, quere colaborar coa Asociación en todos os temas culturais. Ofrece o grupo de teatro para representar as obras:
- “A tía Lambida”
- “Muiñada”
- “A lebre das ánimas”
Por distintas circunstancias o grupo Azougue se desfixo varios anos despois, volvendo a crearse no ano 1995 por iniciativa de María Teresa Rey, co nome que ten na actualidade “Grupo de Teatro da A.V.V Santa Eulalia de Limodre”.
Dende o ano 1996 e dirixido por Jesús Bello Rey ata a actualidade, este grupo de teatro actuou por toda a comarca de Ferrol e ferrolterra e en distintos lugares da provincia da Coruña co patrocinio da Deputación, da Xunta e dos concellos.
Entre todas as representacións podemos destacar as obras: “Os vellos non deben namorarse”; “¿Pista ou peste?”; “ 0 testamento do tío Nacho”; “Os casados de pouco”; “¡Meu pai!”; “Os cravos de prata” e a que estreamos o 10 de Novembro do 2007 no casino de Fene, “O enfermo imaxinario”.
Entre todas as representacións podemos destacar as obras: “Os vellos non deben namorarse”; “¿Pista ou peste?”; “ 0 testamento do tío Nacho”; “Os casados de pouco”; “¡Meu pai!”; “Os cravos de prata” e a que estreamos o 10 de Novembro do 2007 no casino de Fene, “O enfermo imaxinario”.
Esta obra xa se representou no Coliseo de Betanzos e na Residencia Caser da Coruña.
Os compoñentes do grupo de teatro na actualidade son:
- Juan José Rey Martínez
- María José García Ponte
- María del Carmen Rodríguez Pociña
- María de los Ángeles Francos Carro
- Mónica Martínez Abeledo
- Verónica Rey Francos
- Rosa Filgueiras Souto
- Jesús Bello Rey
Contamos tamén con grupo de teatro infantil dende o ano 2001, despois de varias representacións nas letras galegas, neste ano 2008 estrearán a obra “Unha avoa a catro patas, calcetíns e gravatas”.