A Festa da Orella xurde no ano 1996, por iniciativa do finado Joaquín Cortegoso Area, entón directivo da Asociación, que en reunión da xunta directiva, propuxo facer unha festa gastronómica que non houbese en toda a bisbarra de Ferrol e ferrolterra. Despois de debatilo se aprobou denominala Festa da Orella, e que se celebra sempre o penúltimo venres do mes de Agosto.
Varios meses antes comézase a preparar e contratar os elementos necesarios para a boa organización. O día anterior á festa límpanse as orellas coidadosamente e se poñen a remollo para desalalas, tamén se preparan as mesas para os comensais. O mesmo día da festa a partir das catro so serán empézanse a pelar as patacas, repasar as orellas e os chourizos e se poñen xa nas olas onde se van a facer. Prepáranse as bolsas con pan, a taza de Buño, servilletas, tenedores e palillos; e repártense polas mesas xarras para o viño. Se comproba que os pratos non estén rotos e se colocan enriba da mesa onde se repartirán as racións. Ás sete do serán, se encenden os fogóns e se comeza coa preparación das orellas e chourizos. Ás 21:30 comézase o reparto de racións ata agotar as 850 encargadas, aínda que son máis de mil de persoas as que asisten á festa. O viño é gratuíto. Cando a xente está rematando de comer comeza o baile.
Hai un castelo inchable para os raparigos. A partires das 00:00 da noite servirase queimada a todos os asistentes que o desexen. Todo esto debaixo dunha enorme carpa para resgardarse das inclemencias do tempo.