A Sociedade Deportiva e Recreativa Limodre creóuse coa colaboración de varias parroquias veciñas como: San Xoán de Piñeiro, Caamouco e San Xoán do Porto; desta maneira todas elas poden disfrutar das instalacións de dita sociedade.
Unha das principais aspiracións de dita sociedade,será habilitar un campo,que poderá desempeñar a doble finalidade de deportes e festas , xa que Limodre carece de ambas instalacións. O seu emprazamento sería nunha das beiras da estrada que une Limodre con Maniños.
A nivel deportivo acadou os seguintes títulos:
- Campión de Modestos.- Tempada 1964-1965
- Campión da Ría.- Tempada 1968-1969
- Campión de Modestos Concepción Arenal.- Tempada 1970
- Campión Trofeo Concello de Fene.- Tempada 1971
- Trofeo Federación Galega á Deportividade.- Tempada 1970-1971
- Trofeo á Deportividade de Luis Otero.- Tempada 1970-1971
- Trofeo á corrección Juan Fontela Leal.
Cómpre salientar que das súas filas saíron xogadores que militaron en categorías superiores, tal é o caso de Pedro Amado, xogador de Primeira División.
É importante reseñar, sen lugar a dúbidas, a Ramón Bello Rey –Moncho- que adicou un intenso e meritorio labor humano, económico e deportivo . Foi xogador, presidente e entrenador sendo un admirador dos seus xogadores, onde conxugaban a vida deportiva coa amizade.