Este servizo ocúpase da xestión e recadación dos tributos municipais: imposto de construcións, imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía), taxas, prezos públicos, e demais ingresos municipais, agás dos impostos sobre bens inmobles (IBI), actividades económicas (IAE) e vehículos de tracción mecánica (IVTM), delegada na Deputación da Coruña, a recadación dos padróns anuais de taxas (lixo, cemiterios e pasaxes permanentes) e a recadación das insfraccións das normas de tráfico do Concello de Fene
Tributos de ingreso periódico con xestión recadatoria e cobranza municipal
TAXA POLO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
É obxecto desta taxa a prestación do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia e do servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia e que no Programa Individualizado de Atención de recursos teñan o SAF como recurso asignado, ou como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación.
Unha vez iniciada a prestación do servizo, procédese á inclusión da persoa beneficiaria nos padróns ou matrículas. O pagamento da contía que lle corresponda aboar a cada usuario/a faise efectivo por meses naturais nas entidades bancarias colaboradoras .
O prazo de ingreso en voluntaria é de dous meses a partir do día seguinte da publicación do anuncio de cobranza no BOP.
ESCOLAS CULTURAIS E DEPORTIVAS
A obriga de contribuír nace dende o momento en que se formaliza a inscrición nunha actividade e até que remate a mesma, agás cando formalicen a súa baixa na actividade ( hase solicitar no Rexistro Xeral do Concello e non eximirá do pagamento do período impositivo no que se presente).
No momento de efectuar a inscrición deberá ordenarse a unha entidade bancaria a domiciliación do pagamento da taxa. Agás nas Escolas e obradoiros en que poderá optarse entre a renovación do pagamento mes a mes nas instalacións do Pavillón A Xunqueira ou mediante a domiciliación bancaria.
No caso de que o contribuínte optara por domiciliar o pagamento, éste farase trimestralmente nas entidades bancarias colaboradoras. O prazo de ingreso en voluntaria será de dous meses a partir do día seguinte da publicación do anuncio de cobranza no BOP.
As competencias delegadas
O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada en data 7 de febreiro de 2008, acordou prolongar durante 10 anos máis a partir do remate da anterior delegación (é dicir a partir do 1 de xaneiro de 2012) a delegación na Deputación Provincial da Coruña do exercicio de competencias tributarias respecto das seguintes materias:
- Xestión e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre bens inmobles, tanto de natureza rústica, como de natureza urbán, ou do imposto municipal que o complemente ou sustitúa no futuro.
- Xestión e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre actividades económicas ou do imposto municipal que o complemente ou sustitúa no futuro, así como a facultade para, dacordo co previsto no art. 92 da Lei reguladora das facendas locais, solicitar da administración tributaria do Estado a delegación das funcións de xestión censal e inspección, e establecer con dita Administración as oportunas fórmulas de colaboración en materia de inspección en relación con este mesmo imposto.
O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada en data 26 de outubro de 2009, adoptou o acordo de Delegar na Deputación Provincial de A Coruña o exercicio de competencias tributarias das seguintes materias:
Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica ou do imposto municipal que o complemente ou sustitúa no futuro.
Recadación voluntaria e executiva das seguintes taxas e prezos públicos de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón:
- Taxa pola recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos.
- Taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas entradas de vehículos a través de beirarrúas, e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase.
- Taxa pola prestación de servizos no cemiterio municipal.
Recadación en período executivo de tributos, prezos públicos e calquera outros ingresos de dereito público de carácter non periódico ou de periodicidade inferior ao ano.
O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada en data 26 de outubro de 2009, adoptou o acordo de delegar na Deputación Provincial da Coruña a competencia de recadación voluntaria e executiva das multas por infracción da normativa sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
Alta, baixa ou modificación censal nos padróns fiscais
En relación cós padróns anuais da taxa pola recollida co lixo, conservación do cemiterio e pasaxes permanentes son confeccionados no Concello polo que deberá tramitarse ante él toda solicitude de alta, baixa ou modificación censal, así como tamén as exencións previstas no caso da taxa pola recollida do lixo.
O cobro é levado a cabo pola Deputación de A Coruña polo que as ordes de domiciliación deberán ser presentadas ante ese organismo, así como calquera outra xestión relacionada có cobro das mesmas.
Cobro en executiva
As xestións relacionadas có cobro en executiva, DEBERÁN FACERSE ANTE Á DEPUTACIÓN DA CORUÑA (embargos, fraccionamientos, aprazamentos, etc…)
Recursos servizos económicos e tributarios
Os recursos contra os actos ditados polo Concello de Fene presentáranse no Rexistro Xeral en horario de 9:30 a 13:30, de luns a venres ou a través da sede electrónica as 24 h os 7 días da semana.
Descargas
Ligazóns
- Devolución de ingresos
- Compensación de débedas
- Recursos administrativos relativos a tributos municipais e restantes ingresos de dereito público
- Altas, baixas e modificacións censais
- Domiciliación bancaria
- Presentación aval bancario
- Solicitude gradación taxas actividades deportivas e culturais
- Solicitude gradación taxas
- Declaración para a liquidación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza urbana (plusvalía)
- Delegación de competencias en materia de instrución de expedientes sancionadores por infraccións das normas de tráfico, do Concello de Fene.