Intervención. Fiscalización, orzamentos e contabilidade

O Concello de Fene adheriuse ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe.

As funcións da Intervención municipal son as de contabilidade e control interno.

A función de contabilidade comprende o desenvolvemento da contabilidade financeira e de seguimento da execución orzamentaria segundo as normas xerais e as súas normas propias. Tamén lle corresponde a inspección da contabilidade dos organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes da entidade local.

A función de control interno da xestión económica municipal, desenvólvese mediante a función interventora, de control financeiro.

No exercicio da función, Intervención fiscaliza os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigas, os ingresos e pagamentos, e á recadación, investimento e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa aplicable.

Facturación electrónica

O Concello de Fene, mediante resolución da Alcaldía de 4 de decembro de 2014, acordou a adhesión ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe, que proporciona as funcionalidades previstas para o citado punto respecto ás facturas electrónicas dos seus proveedores.

Na plataforma FACe atópase toda a información necesaria para que os proveedores remitan as súas facturas electrónicas e realicen o seguimento da súa tramitación. No directorio de Organismos adheridos está o Concello de Fene.
A Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturasno Sector Público, indica na súa disposición final octava sobre entrada en vigor:

a) O artígo 4, sobre obrigas de presentación de factura electrónica, entrará en vigor o 15 de xaneiro de 2015.

Descargas
Ligazóns