O Concello instala unha cuberta na entrada principal do Centro de Saúde

CONCELLERÍA DE SERVIZOS

O Concello instala unha cuberta na entrada principal do Centro de Saúde

O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, vén de instalar unha cuberta de cristal e aluminio, con estructura de ferro, na entrada principal do Centro de Saúde, ubicado na Avenida do Tarrío. Con ela, segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, o Concello pretende protexer da choiva a aqueles usuarios e usuarias das instalacións sanitarias que chegan antes da súa apertura. O custe da cuberta ascendeu a uns 3.600 euros e financiáronse con fondos propios municipais.
Deste xeito, o Concello dá resposta a unha demanda formulada pola veciñanza do concello.