CONCELLERÍA DE SERVIZOS
O Concello de Fene repón uns 400 metros de cable de alumbrado público sustraído e sustitúeo por outro de aluminio
09-01-2015
O Concello de Fene, a través da Concellería de Servizos, vén de proceder á restitución duns 400 metros de cable de alumbrado público que, o pasado fin de semana, fora sustraído na zona de Río de Saa, limítrofe entre as parroquias de Fene e Sillobre. Trátase do segundo suceso destas características en apenas seis meses, co conseguinte perxuízo económico para as arcas municipais. Este feito levou ao goberno municipal que dirixe Gumersindo Galego a recurrir ao cable de aluminio para repoñer o roubado, un material sen apenas valor no mercado. Así, confía en que diminúan este tipo de sustraccións.Foron os propios veciños do lugar –na zona de Pedre- os que alertaron do roubo e, inmediatamente, o Concello púxose a traballar para dar solución ao problema. Operarios municipais remataron os traballos no día de onte, co que o servizo volveuse a restituír.