O Concello informa do proceso de acreditación de competencias profesionais

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello informa do proceso de acreditación de competencias profesionais

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene quere informar á veciñanza sobre as convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral. Explica que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de publicar unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) o día 2 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais:
- Administración e xestión: • Actividades de xestión administrativa • Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela -
Agraria: • Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes • Aproveitamentos forestais• Actividades de floraria • Producción de sementes e plantas de viveiro
- Artes gráficas: • Tratamento e maquetaxe de elementos gráficos en preimpresión • Impresión dixital• Imposición e obtención da forma impresora
- Edificación e obra civil: • Cubricións inclinadas • Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas • Eficiencia enerxética de edificios • Representación de proxectos de edificación • Control de proxectos e obras de construción • Levantamentos e implantacións • Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos • Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos • Pintura decorativa de construcción
- Electricidade e electrónica: • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios • Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión • Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios • Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión • Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos
- Fabricación mecánica: • Mecanizado por arranque de labra • Soldadura • Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas
 - Hostalería e turismo: • Cociña • Repostaría • Pastelaría e confeitaría • Servizos de bar e cafetaría • Servizos de restaurante • Recepción • Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos - Imaxe persoal: • Peiteado • Coidados estéticos de mans e pés - Industrias alimentarias: • Panadería e bolaría - Informática e comunicacións: • Sistemas microinformaicos e redes • Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos - Instalación e mantemento: • Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas • Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación – extracción • Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas - Madeira, moble e cortiza: • Mecanización de madeira e derivados • Acabamento de carpintaría e moble • Mecanización de madeira e derivados • Montaxe de mobles e elementos de carpintaría • Instalación de mobles • Instalación de elementos de carpintaría - Química: • Ensaios microbiolóxicos e biotecnolóxicos • Análise química • Ensaios físicos e fisioquímicos - Sanidade: • Transporte sanitario • Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes • Farmacia - Servizos socioculturais e á comunidade: • Educación infantil - Transporte e mantemento de vehículos: • Pintura de vehículos • Mantemento de estruturas de carrozarías de vehículos • Mantemento de elementos non estruturais de carrozarías de vehículos • Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens da rodaxe de vehículos automóbiles • Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares • Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos
En canto aos requisitos, apunta os seguintes: • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorizaciónde residencia en España en vigor. • Ter cumpridos no momento de realizar a inscrición 18 anos para as unidades de competencia de nivel I e 20 anos para as unidades de competencia de niveis II e III. • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
-Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, para as unidades de competencia de niveis II e III. Para as unidades de competencia de nivel I, xustificarán cando menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total. - Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos, para as unidades de competencia de niveis II e III. Para as unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 200 horas. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que contemplen unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes. Por último, sinalar que o prazo de presentación de solicitudes manteráse aberto entre o 8 de xaneiro e o 6 de febreiro de 2015, ambos os dous incluídos.
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA E APLICACIÓN INFORMÁTICA http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion
Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene, tfno 981 492 767. orientacion.laboral@fene.es