CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS
O Concello programa un taller de activación da memoria en Maniños
12-01-2015
A través do programa Tardes Activas, o Concello de Fene ofrecerá a partir desta semana un taller de activación da memoria na parroquia de Maniños. Unha actividade completamente gratuíta pensada para as persoas maiores de 65 anos. Segundo explica a Concellería de Servizos Sociais, o obradoiro arrancará este venres, 16 de xaneiro, constará de sesións semanais dunha hora e media de duración, de 17 a 18,30 horas, e celebraránse no local do Pote de Maniños.Así mesmo, dende o Concello sinálase que aqueles maiores que estén interesados en apuntarse no programa poden facelo no Centro Municipal de Servizos Sociais (Avda. do Mar, Bloque 1, baixo, San Valentín) de 9 a 14 horas ou no propio local da entidade.