CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Proxecto de mellora da eficiencia enerxética na rede de alumbrado público do Concello de Fene
12-01-2015
O goberno municipal que dirixe Gumersindo Galego presentou a actuación, orzamentada nuns 40.000 euros, á liña de axudas do Fondo de Compensación.Rebaixar a factura eléctrica, ofrecer un mellor servizo público e asumir unha medida respectuosa co medio ambiente son os tres obxectivos que persigue o proxecto de mellora da eficiencia enerxética na rede de alumbrado público que o Concello de Fene vén de presentar á liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental. Un proxecto orzamentado en 39.997,54 euros e radio de acción nas parroquias de Fene, Maniños e Magalofes. En esencia, o edil de Promoción Económica, Juan José Franco, explica que a actuación centraráse en tramos de alumbrado existente, pero dunha considerable antigüidade, con luminarias suxeitas directamente en fachadas ou postes e a alturas incompatibles coa intensidade lumínica das lámpadas.
Por iso, o concelleiro engade que a proposta consistirá na sustitución das referidas luminarias por outras de alto rendemento, con tecnoloxía LED e eficacia luminosa. En concreto, propónse a sustitución de 24 luminarias na rúa Fonte do Campo (parroquia de Fene); 22 en Camiño da Torre e no Camiño de Cadavás outras 33, e 30 na rúa Unión co Camiño Ponte da Pedra (Maniños). Doutra banda, tamén se contempla a sustitución de conductores en emprazamentos onde a sección é insuficiente, orixinando problemas deacendidos intermitentes debido ás caídas de tensión.
Así, o Concello presentará estes proxectos á liña de axudas aberta pola Xunta de Galicia ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental, co que se sufragan actuacións tendentes a impulsar a eficiencia enerxética ou o uso das enerxías renovables en municipios afectados pola instalación de aeroxeneradores ou liñas de conexión.