CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
O Concello instala novo mobiliario urbano na Avenida Naturais e Marqués de Figueroa
13-01-2015
O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica, instalou nos últimos meses novo mobiliario urbano nas principais vías de comunicación do casco urbano do municipio: na Avenida Naturais e Marqués de Figueroa. Unha actuación que, segundo o alcalde, Gumersindo Galego, buscou humanizar o espazo público e ampliar os servizos dispoñibles para a veciñanza.Nesta liña, o edil de área, Juan José Franco, explicou que o Concello procedeu á instalación de cinco maceteiros coa doble funcionalidade de papeleira, así como catro bancos para a estancia dos veciños. Neste último caso, en diferentes parroquias do municipio. Ambos elementos, cun deseño acorde ao entorno de ubicación. Os maceteiros-papeleira realizados en aceiro inoxidable e, os bancos, en madeira tratada e forxa.
Así mesmo, o concelleiro apuntou que a inversión ascendeu a uns 4.000 euros, aínda que tivo custe cero para as arcas municipais. E é que foi financiada ao 100% pola Deputación provincial da Coruña, despois de que esta institución dise o seu visto bo ao proxecto municipal presentado polo departamento municipal de Promoción Económica na convocatoria para axudas a investimentos en materia de mobiliario urbano.