CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
A votación popular para elixir aos gañadores do Concurso de Decoración Navideña no comercio e na hostelería de Fene rexistrou 1.368 votos
14-01-2015
Os gañadores da segunda edición do Concurso de Decoración Navideña no comercio e máis a hostelería de Fene sairán dunha votación popular na que se contabilizaron preto de 1.400 votos. En total, e tras o reconto realizado no día de onte polo xurado, foron 1.368 papeletas as depositadas nas urnas dos establecementos participantes.Unha cifra moi positiva para Juan José Franco, concelleiro de Promoción Económica, o departamento municipal que impulsou o certame. Así, o edil avanzou que o Concello dará a coñecer o nome dos negocios gañadores o día 23 de xaneiro. Será nun acto público presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, ao que están convidados veciños e veciñas e que principiará ás 20,30 horas no salón de plenos da casa consistorial. Non só iso, no transcurso do mesmo tamén se celebrarán diferentes sorteos de agasallos entre os clientes que participaron no concurso.Nesta liña, Juan José Franco sinalou que, por segundo ano consecutivo, o obxectivo do certame foi potenciar ese ambiente navideño que estimulase as compras no comercio tradicional e animase a vecinos e veciñas a disfrutar nas rúas e na hostelería destas festas. Os negocios inscritos, e que se disputan o orgullo de contar coa mellor decoración do seu escaparate, son os seguintes: floristería Azalea, Pastelería Martínez, Cafetería Fussion, Cafetería Lembranza, A Xoaniña, tenda de labores, Librería Corazón al Sur e floristería Jimena.
Un dos valores do certame é que son os propios clientes quenes elixen aos gañadores. Neste caso, hai tres modalidades: comercio, hostelería e panaderías, pastelerías, librerías e quioscos.
Así, os clientes actúan como xurado, votando a mellor decoración navideña.
Igualmente, ese voto entra a formar parte do sorteo que terá lugar o día 23. Os premios en xogo serán tres vales de 20 euros cada un para consumir nos locais adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” (por cortesía de dita asociación); dez lotes consistentes nunha edición Navideña de Estrella Galicia (que cede esta firma galega), e dous lotes de productos que achega Meigas Fora.