CONCELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES
O alcalde entrega o premio do concurso de disfraces da II San Silvestre de Fene
19-01-2015
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, entregou esta mañá a Ana Belén Pego a cesta que a recoñece a ela, e a Enma Yáñez, Silvia Losada e Aurora Ribeiro, como gañadoras do concurso de disfraces convocado ao abeiro da Carreira San Silvestre organizada pola Concellería de Cultura e Deportes. Unha proba deportiva coa que Fene despedía o ano e que, por segundo ano consecutivo, enchía de diversión e colorido as rúas do municipio. Este ano, e desbordando todas as previsións, a cifra de participantes superou o medio millar de corredores de todas as idades e, prácticamente ao 100%, todos eles ían ataviados con algún disfraz, ademais do gorro de Papá Noel que entregaba o propio Concello.Tras a carreira, subíanse á páxina da competición as fotos dos participantes e o público votaba polo, mellor disfraz. As gañadoras, cun disfraz de hawainas, recibían máis de 660 “Me gusta”. Ana Belén Pego actuaba esta mañá en representación das súas compañeiras e anunciaba a decisión de donar a cesta de alimentos á Cociña Económica.